Virna Pieralisi, nada en Ancona o 8 de novembro de 1936 e finada en Roma o 18 de decembro de 2014, foi unha actriz italiana, coñecida como Virna Lisi.

Traxectoria Virna Lisi comezou a súa carreira cinematográfica na adolescencia. Foi descuberta en París por dous produtores napolitanos, Antonio Ferrigno e Ettore Pesce, e debutou en La corda d'acciaio (1953). Inicialmente fixo musicais como E Napoli canta (1953) e o grande éxito Questa è la vita (1954, co popular Totò). Porén, a súa beleza era máis valorada có seu talento.

A finais da década de 1950 actuou no teatro e durante a década seguinte participou en comedias e en dramas para a televisión. Apareceu tamén nun anuncio de pasta dentífrica en televisión cun slogan que se convertería nunha frase feita entre os italianos: "con quella bocca può dire ciò che vuole" (con esta boca, ela pode dicir o que queira).

Escollida como unha nova Marilyn Monroe, Lisi debutou en Hollywood na comedia con Jack Lemmon How to Murder Your Wife (1965). Foi moi popular pola foto na que “afeitaba” a súa cara na portada de marzo de 1965 da revista Esquire.

Para superar os papeis de sedutora, Lisi buscou outro tipo de personaxes, participando en filmes como Casanova 70 e Le bambole (1965).

A principios da década de 1970 abandonou a interpretación temporalmente para ocuparse do seu home Franco Pesci e do seu fillo Corrado. Porén, o rexurdimento da súa carreira chegou axiña, cunha longa lista de producións, coma Máis aló do ben e do mal (1977), Ernesto (1979) e La cicala (1980). Polo filme A raíña Margot (1994) gañou un premio César e o premio do Festival de Cannes.

Faleceu vítima do cancro en 2014.

Filmografía Ano Filme Personaxe Notas 1953La corda d'acciaioStellaE Napoli canta Maria 1955Le diciottenni Maria RovaniLo scapolo sen acreditar Les Hussards Elisa Luna nuova Lucia1956La donna del giorno Liliana Attenni Il vetturale del MoncenisioJeanne Thibaud1959Il mondo dei miracoli Laura Damiani Il padrone delle ferriere Claire de Beaulieu1961Romolo e Remo Julia1962Eva Francesca Ferrara1964La Tulipe noire Caroline “Caro” Plantin1965Signore & signori Milena Zulian How to Murder Your Wife Mrs. FordLe bambole Luisa (segmento "La telefonata")Oggi, domani, dopodomani Dorothea (segmento "L'ora di punta")Casanova 70 Gigliola1966Assault on a Queen Rosa LucchesiNot with My Wife, You Don't! Julie Ferris/Tenente Julietta Perodi1967La Vingt-cinquième Heure Suzanna MoritzLa Ragazza e il Generale AdaArabella Arabella1968Le dolci signore LuisaThe Girl Who Couldn't Say No YolandaMeglio vedova Rosa Minniti 1969The Secret of Santa Vittoria Caterina MalatestaThe Christmas Tree Catherine Graziani1970Giochi particolari ClaudeLe temps des loups Stella1971The Statue Rhonda BoltRoma Bene Duchess Silvia SantiUn beau monstre Nathalie Revent1972Bluebeard ElgaLes galets d'Étretat Alny1973Zanna Bianca Sister EvangelinaNight Flight from Moscow Annabel Lee1974Il ritorno di Zanna Bianca Sister Evangelina1977Máis aló do ben e do mal Elisabeth Nietzsche 1979Ernesto Nai de Ernesto1980La cicala Wilma Malinverni 1982Sapore di mare Adriana 1984Amarsi un po' Princesa Marisa Cellini 1987Quérote Nova Iorke Anna Cotone 1989I ragazzi di via Panisperna Nai de Ettore Majorana Buon Natale... buon anno Elvira 1994A raíña Margot Catarina de Medici 1996Va' dove ti porta il cuore Olga 2002Il più bel giorno della mia vita Irene 2015Latin Lover Rita Filme póstumo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados na provincia de Ancona Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2014