José Carrera Ramilo, nado no Porriño o 28 de xullo de 1874 e finado na mesma vila o 6 de maio de 1959, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Jaime Carrera Merino, farmacéutico no Porriño. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi titular da farmacia que pertencera ao seu pai. Representante de Gabino Bugallal no distrito, foi xuíz (1899-1903) e alcalde do Porriño. Promoveu o periódico El Eco de Porriño y Mos. Foi deputado provincial (1915-1923) e gobernador civil de Tarragona (1919), León (1920-1921), Ourense (1921) e Lugo (1922). Continuou exercendo como cacique do Porriño ata a Segunda República.El Pueblo Gallego, 25-3-1931, p. 8. Foi Director Técnico do Centro Farmacéutico de Vigo, académico da Real Academia de Farmacia e decano dos farmacéuticos españois. Foi presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra (1914-1919 e 1946).

Obras Estudio químico de las peptonas, precedido de algunas consideraciones acerca de los fermentos que las originan, 1898.

Vida persoal Casou con María Domínguez Rodríguez en 1905 e foi pai de José Carrera Domínguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Presidentes del Colegio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra

Categoría:Farmacéuticos do Porriño Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Tarragona Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Académicos da Real Academia Nacional de Farmacia