miniatura|dereita|O monte da Madroa, dende Chapela. O monte da Madroa é un monte que se atopa no lugar da Madroa, na parroquia de Candeán, no concello de Vigo.
Patrimonio miniatura|Dolmen da Casa dos Mouros Neste monte atópanse pegadas de asentamentos prehistóricos, como petróglifos e dolmens. Este campo megalítico conta cun gran número de túmulos, dos que o máis grande, coñecido coma A Casa dos Mouros, acada un diámetro de vinte metros e unha altura de 3,5 m; é posíbel que formaran parte dunha gran necrópole emprazada nas proximidades de Redondela. Así mesmo, existen restos dunha vella construción medieval defensiva, coñecida como A Torre..
Tamén sobresae o miradoiro da Madroa, duns 250 m de altitude, desde o que se poden apreciar panorámicas da totalidade da ría de Vigo, a ponte de Rande, o casco urbano e as illas Cíes. Á beira do miradoiro sitúase unha área con merendoiro cun quiosco e áreas para facer lume. Dentro da flora do parque destacan o piñeiro marítimo e acacia negra xunto coa reintrodución de especies de frondosas autóctonas (carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros etc.). Ademais, tamén se encontra nel o parque forestal do Vixiador, dependente do concello de Vigo, de máis de 15 hectáreas e cunha grande diversidade de especies de flora e fauna.
Infraestruturas Nas abas do monte da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Celta de Vigo.
Nas últimas décadas o monte sufriu varias perforacións para construír dúas importantes infraestruturas: os túneles para a autoestrada AP-9 e, máis recentemente, o túnel das Maceiras para o paso das vías do ferrocarril do eixe atlántico de alta velocidade que dá acceso desde Redondela á nova estación de Vigo-Urzáiz."Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net .
Notas
Categoría:Montañas de Galicia
Categoría:Xeografía de Vigo Categoría:Natureza en Vigo Categoría:Montes de Redondela