<table style="border:solid black 1px; padding:5px; float:right; text-align:left; margin-left:1em; font-size:8pt;" width="250">

Corona checoslovacakoruna československá <small>(checo & eslovaco) 250px Unha coroa da 1ª República checoslovaca Código ISO 4217 CSK

Banco central Státní Banka Československá Usada en: 23px Checoslovaquia 22x15px Prot. Bohemia e Moravia (1939) 23px Eslovaquia (1939) (1993) (1993)

Inflación 57,9% Fonte : Banco Mundial, 1991 Inflation in Czechoslovakia 1985–91, World Bank

Subdivisións 1/100 haléř (checo) halier (eslovaco)

Símbolo monetario Kčs Plural As linguaxes desta moeda pertencen ós idiomas eslavos, polo cal existen varais formas de construi-lo plural. Moedas Moedas de uso frec. 10, 20, 50 h; 1, 2, 5 Kčs Moedas de uso infrec. 5, 25 h, 3, 10 Kčs Billetes

Billetes de uso frec.</td> 10, 20, 50, 100 Kčs </tr> Billetes de uso infrec. 1.000 Kčs Impresor Státní tiskárna cenin(Impresor de Valores Estatais, Praga) Sitio web www.stc.cz Ceca Mincovňa Kremnica(Ceca de Kremnica) Sitio web www.mint.sk Esta caixa de información reflicte o último estado desta moeda, antes da súa retirada da circulación, a cal ocorreu o 7 de febreiro de 1993. </table>

240px|miniatura|right| Billete da república checoslovaca de 10 coroas (1919, primeira emisión e provisional).

A coroa checoslovaca''' (en checo e eslovaco: koruna československá, ás veces koruna česko-slovenská; Koruna significa "coroa") foi a moeda de Checoslovaquia dende o 10 de abril de 1919 ó 14 de marzo de 1939 e dende o 1 de novembro de 1945 ata o 7 de febreiro de 1993. Tamén foi por un breve período en 1939 e en 1993, a moeda oficial por separado da República Checa e da República Eslovaca.

O 8 de febreiro de 1993 foi substituída pola coroa checa e pola coroa eslovaca.

O (último) código ISO 4217 e as abreviaturas locais da coroa eran CSK e Kčs. Unha coroa equivalía a 100 haléřů (en checo, a súa forma en singular é haléř) ou halierov (en eslovaco, a súa forma en singular é: halier). En ambas as linguas, utilizouse a abreviatura "h". A abreviatura púñase detrás do valor numérico.

Primeira korunaVéxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1919) e Billetes da coroa checoslovaca (1919).

A moeda chamada Krone en alemán e koruna en checo foi introducida no Imperio Austro-Húngaro o 11 de setembro de 1892, coma a primeira moeda moderna baseada no ouro nesa área. Tras a creación do estado independente de Checoslovaquia en 1918, xurdiu unha necesidade urxente de establecer un novo sistema monetario que distinguise a súa moeda das doutros países que acababan de nacer e que sufrían moita inflación. O ano seguinte, o 10 de abril de 1919, tivo lugar unha reforma monetaria, que daba á nova coroa un valor equivalente á vella coroa austrohúngara. Os primeiros billetes entraron en circulación ese mesmo ano; as moedas tres anos despois, en 1921.

Esta primeira coroa circulou ata 1939, cando apareceron as moedas separadas para Bohemia e Moravia e Eslovaquia, á par coa coroa checoslovaca. Estas foron a Coroa de Bohemia e Moravia e a Coroa eslovaca de 1939-1945.

Segunda korunaVéxase tamén: Moedas da coroa checoslovaca (1945) e Billetes da coroa checoslovaca (1945)

A coroa checoslovaca restableceuse en 1945, en substitución das dúas anteriores moedas. Coma consecuencia da guerra, a moeda perdeu gran parte do seu valor.

Terceira korunaVéxase tamén'': Moedas da coroa checoslovaca (1953) e Billetes da coroa checoslovaca (1953).

A coroa pasou por unha serie de novas reformas. Unha particularmente drástica foi a realizada en 1953. Nese momento, o Partido Comunista de Checoslovaquia tivo que facer fronte ó feito de que había un mercado dobre no país: un mercado fixo para asegura-la dispoñibilidade de alimentos básicos, baseado nun sistema de racionamento da posguerra, e un mercado libre, no que as mercadorías foron ata oito veces máis caras, pero de mellor calidade. Decidiron entón declarar unha reforma monetaria válida a partir de 1 de xuño de 1953 e distribuír novos billetes impresos na Unión Soviética. A reforma preparárase moi rapidamente e foi confidencial ata o último minuto, pero aínda así, filtrouse algunha información, o que causou un gran pánico entre a poboación.

A noite antes do prazo, o presidente de Checoslovaquia, Antonín Zápotocký, fixo un discurso de radio, no cal mentiu á nación afirmando que non había posibilidade ningunha dunha reforma monetaria e calmou os habitantes. O día seguinte, os cidadáns foron autorizados a cambiar ata 1.500 coroas vellas por novas coroas, cunha taxa de cambio de 5:1; por riba das 1.500 coroas a taxa de cambio era 50:1. Tódolos fondos de pensións e seguros de investimento, así como os bonos do estado foron anulados. A situación económica de moitas persoas empeorou e estalaron manifestacións, a maior das cales tivo lugar en Plzeň, onde 472 persoas foron detidas.

En 1993, de acordo coa disolución da Federación Checoslovaca, a coroa de Checoslovaquia dividiuse en dúas moedas independentes: a coroa eslovaca e o coroa checa. A adhesión á UE en 2004 significaba que ambas as moedas ían ser substituídas polo euro unha vez que os seus respectivos países cumpriawn os criterios de converxencia económica e que existise a vontade política para facelo. A coroa eslovaca substituíuse polo euro o 1 de xaneiro de 2009. Actualmente non existe ningunha data nin prazo confirmado para a substitución da coroa checa por parte do euro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Coroa (moeda) Coroa checa Coroa eslovaca

Bibliografía

Ligazóns externas Billetes checoslovacos (catalogo, galería e outros detalles)

Categoría:Coroa checoslovaca Categoría:ISO 4217