"Face the Shadow" (antigamente chamada "Don't Deny") é unha canción do supergrupo Genealogy. A canción está composta por Armen Martirosyan e a letra por Inna Mkrtchyan. A canción representará a Armenia no Festival de Eurovisión 2015.
Genealogy
Composición A letra da canción foi escrita por Inna Mkrtchyan, mentres que a música foi composta por Armen Martirosyan que tamén traballou con Eva Rivas con "Apricot Stone" en 2010. A web oficial de Eurovisión afirmou que "Face the Shadow" trata sobre valores universais e a súa mensaxe di que "a felicidade nace cando a xente está unida e vive en harmonía consigo, coas súas familias, con relacións de amor e así sucesivamente".
Notas
Categoría:Cancións de Armenia en Eurovisión