Ján Babjak, nado o 28 de outubro de 1953 en Hažín nad Cirochou (Eslovaquia), é un eclesiástico grecocatólico eslovaco, metropolita de Prešov entre 2008 e 2022. Traxectoria Foi ordenado sacerdote da eparquía de Prešov o 11 de xuño de 1978, e incardinouse na Compañía de Xesús o 18 de xuño de 1987.

O 11 de decembro de 2002 foi nomeado bispo de Prešov. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 2003 na basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II, e tendo como principais co-consagradores ao substituto da secretaría de estado Leonardo Sandri e ao secretario da Congregación para as Igrexas Orientais Antonio Maria Vegliò.

Cando o 30 de xaneiro de 2008 o papa Bieito XVI elevou a Igrexa católica bizantina eslovaca ao rango de igrexa metropolitana, Babjak foi nomeado primeiro metropolita de Prešov. O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.

Notas

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Eslovaquia Categoría:Metropolitas de Prešov Categoría:Bispos católicos de Eslovaquia Categoría:Xesuítas de Eslovaquia Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais