Villaescusa de Haro é unha localidade do sur-oeste da provincia de Cuenca, en Castela A Mancha, España. No ano 2014 a poboación era de 550 habitantes.

Xeografía O termo municipal limita ó norte con Fuentelespino de Haro, Alconchel de la Estrella e Villalgordo del Marquesado; ao leste con Villar de la Encina, Carrascosa de Haro e Rada de Haro; ao sur e oeste con Belmonte.

A extensión é duns 91 km², cun terreo calcario e desigual predominado os outeiros aos chairos, cunha altura máxima duns 820 m. Pola súa parte norte pasa o río Záncara.

O clima é mediterráneo morno, cunha temperatura media anual de 12 °C a 14 °C e unha pluviometría de 350 a 700 mm. Con elevadas temperaturas en verán e baixas en inverno, característico dun clima continental de interior da Península Ibérica.

A vexetación autóctona, está composta principalmente por matogueiras (tomiño, segorellas, lavanda, aulaga) aciñeiras e carrascos. Política Mandato Nome do alcalde Partido político1979–1983 Francisco Hermosilla López UCD1983–1987 Francisco Hermosilla López AP1987–1991 Balbino Millán Pérez AP1991–1995 Balbino Millán Pérez PP1995–1999 Balbino Millán Pérez PP1999–2003 Balbino Millán Pérez PP2003–2007 Balbino Millán Pérez PP2007–2011 Balbino Millán Pérez PP2011– Cayetano J. Solana Ciprés PP

Festas San Isidro Labrador (15 de maio) La Virgen del Favor y Ayuda (15 de agosto) El Santo Cristo de la Espiración (14 de setembro)

Véxase tamén Ligazóns externas

Villaescusa de Haro Villaescusa de Haro en Pueblos de España Asociación juvenil Altheia de Villaescusa de Haro

Categoría:Concellos da provincia de Cuenca