O sistema de condución cardíaco é un conxunto de estruturas que forman parte da anatomía do corazón encargadas de transmitir o impulso eléctrico responsábel da contracción cardíaca a expensas do miocardio.
O estímulo eléctrico orixínase no nó sinusal, situado na aurícula dereita. Tras atravesar os diferentes feixes intranodais, o impulso eléctrico chega ao nó auriculoventricular, onde se produce un desfase duns milisegundos na condución eléctrica. Dito decalaxe permite que as aurículas e os ventrículos non se contraian á vez, contribuíndo a unha sístole efectiva. Do nó AV, o impulso baixa polo feixe de His até as fibras de Purkinje, onde estimulan as diferentes células do miocardio para se contraeren. centro|miniatura|400x400px|Sistema de condución eléctrica do corazón:
Nó sinusal Feixe de Bachmann Tracto internodal anterior Tracto internodal medial Tracto internodal posterior Nó auriculoventricular Feixe de His Rama deita Rama esquerda Feixe anterior esquerdo Feixe posterior esquerdo Fibras de Purkinje
Véxase tamén Outros artigos Nó auriculoventricular Feixe de His
Categoría:Corazón