Empire of the Sun é unha novela de 1984 do escritor inglés J. G. Ballard. Foi galardoada co James Tait Black Memorial Prize e foi preseleccionado para o Man Booker Prize. Ó igual que outras historias de Ballard como "The Dead Time" (publicada na antoloxía Myths of the Near Future), é esencialmente ficción pero está baseada nas experiencias de Ballard na segunda guerra mundial. O nome da novela deriva da etimoloxía do nome do Xapón.
Ballard posteriormente escribiu sobre a súa experiencia na China na súa autobiografía Miracles of Life.
Adaptación ó cinema
O libro foi adaptado por Tom Stoppard en 1987. O guión foi filmado por Steven Spielberg, con aclamación da crítica, sendo nomeado a seis Premios Oscar e gañando tres BAFTAs (á mellor fotografía, música e son). Estivo protagonizado por Christian Bale con trece anos, xunto con John Malkovich e Miranda Richardson.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1984 Categoría:Obras literarias en inglés