Vlorë é unha cidade albanesa, o segundo porto do país tras Durrës. A poboación segundo o censo de 2011 é de 79 621. Na cidade foi onde se proclamou a declaración de independencia o 28 de novembro de 1912, e durante un breve tempo foi a capital de Albania.
Situada na baía de Vlorë, a súa orixe foi unha antiga colonia grega fundada no século VI a.C. co nome de Aulon e que permaneceu continuamente habitada ao longo de vinte e seis séculos. Un dos principais puntos da ribeira albenesa e tamén o centro cultural e económico do suroeste albanés. Notas
Categoría:Cidades de Albania