Coeficiente de extinción pode referirse a distintas magnitudes relacionadas coa absorción de luz nun medio material:
En química, o coeficiente másico de extinción (tamén chamado coeficiente másico de atenuación ou coeficiente másico de absorción) e o coeficiente molar de extinción son parámetros que definen o intensamente que unha substancia absorbe a luz a unha lonxitude de onda determinada, por unidade de masa ou por concentración molar, respectivamente. En física, o "coeficiente de extinción" é a parte imaxinaria do índice de refracción complexo, que tamén está relacionado coa absorción de luz.
(Para unha relación cuantitativa entre a definición física e a química, ver Descrición matemática da opacidade.)