Unha secuencia reguladora é un segmento dunha molécula de ácido nucleico, que pode facer incrementar ou diminuír a expresión de xenes específicos nun organismo. A regulación da expresión xénica é unha característica esencial de todos os seres vivos e dos virus.

No ADN, a regulación da expresión xénica prodúcese normalmente a nivel da síntese do ARN (transcrición), e realízase por medio de proteínas que se unen a secuencias específicas (factores de transcrición) que activan ou inhiben a transcrición. Os factores de transcrición poden actuar como activadores, represores, ou como ambos. Os represores a miúdo actúan impedindo que a ARN polimerase forme un complexo produtivo coa rexión de iniciación da transcrición (promotor), mentres que os activadores facilitan a formación dun complexo produtivo. Ademais, os motivos presentes no ADN son preditivos para indicar as modificacións epixenómicas, o que suxire que os factores de transcrición xogan un papel na regulación do epixenoma.Whitaker JW, Zhao Chen, Wei Wang. (2014) Predicting the Human Epigenome from DNA Motifs. Nature Methods. doi:10.1038/nmeth.3065

No ARN, pode haber regulación a nivel da síntese de proteínas (tradución), clivaxe do ARN, splicing do ARN, ou terminación da transcrición. As secuencias reguladoras están asociadas frecuentemente con moléculas de ARN mensaxeiro (ARNm), onde se utilizan para controlar a bioxénese do ARNm ou a tradución. Para realizar esta regulación poden unirse ao ARN unha variedade de moléculas biolóxicas, como proteínas (por exemplo represores traducionais e factores de splicing), outras moléculas de ARN (por exemplo microARN) e pequenas moléculas no caso dos riboswitches.

Están a realizarse investigacións para atopar todas as rexións reguladoras dos xenomas de todo tipo de organismos.Stepanova et al., Bioinformatics, 21(9): 1789-96, year 2005. A comparative analysis of relative occurrence of transcription factor binding sites in vertebrate genomes and gene promoter areas As secuencias non codificantes conservadas a miúdo conteñen rexións reguladoras, polo que son sometidas a estas análises.

Algunhas secuencias reguladoras Caixa CAAT Caixa CCAAT Operador (bioloxía) Caixa de Pribnow Caixa TATA Elemento SECIS, en ARNm Sinais de poliadenilación, en ARNm Caixa A Caixa Z Caixa C Caixa E Caixa G

Exemplo: O xene da insulina Secuencias reguladoras no caso do xene da insulina:Melloul et al., Diabetologica, 45, 309-326, year 2002. Regulation of insulin gene transcription A5 Z elemento regulador negativo (NRE)Biochemical and Biophysical Research Communications ... C2 E2 A3 Elemento de resposta ao AMPc A2 CEB C1 E1 G1

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xene regulador Regulación da expresión xénica Elemento que actúa en cis Operón Sitio de unión ao ADN Promotor Factor que actúa en trans

Ligazóns externas ORegAnno - Open Regulatory Annotation Database

Categoría:Secuencias regulatorias Categoría:Expresión xénica Categoría:Xenética