José María Pardo Montenegro Cordal, nado en Rioaveso (Vilalba) o 1 de marzo de 1824La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-2-1880, p. 2. e finado en Mondoñedo en decembro de 1899El Lucense, 26-12-1899, p. 2, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou a segunda ensinanza e un ano de Teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Marchou á Habana en 1843, onde ingresou na administración civil, sendo oficial na Aduana marítima. Traballou despois no Tribunal de Contas da illa. En 1864 regresou a España e ao ano seguinte foi nomeado auxiliar do Ministerio da Gobernación. Rematou a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid en 1868. Durante o Sexenio Democrático regresou a Galicia. Na Restauración foi elixido deputado provincial e deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879. Fundou e dotou o Asilo de Mondoñedo.
Notas
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos