Adolfo Torrado Ozores, nado en 1842 e finado na Coruña o 26 de xullo de 1888, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Torrado Bandín e Carmen Ozores Varela do pazo de Asadelos, en Rianxo. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Carral nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela en 1881 e polo de Corcubión nas eleccións de 1886. Finou na Coruña o 26 de xullo de 1888.El Lucense, 28-7-1888, p. 2.

Vida persoal Casou con Emilia Atocha Mira e foi pai de Pedro Torrado Atocha.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Outra ficha co apelido errado no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1888 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos