Cristina Adriana Chiara Scabbia, nada o 6 de xuño de 1972 en Milán, é unha cantante e compositora italiana, coñecida por ser unha dos dous vocalistas do grupo italiano de gothic metal Lacuna Coil. Scabbia participout tamén nun tema de Megadeth, "À Tout le Monde (Set Me Free)", así como no álbum The Theory of Everything do proxecto de Arjen Anthony Lucassen Ayreon, e como artista invitada no tema de Apocalyptica "S.O.S. (Anything But Love)" e nunha versión do tema de Alter Bridge "Watch Over You". Scabbia mantén unha relación co guitarrista de Slipknot Jim Root dende o 2004
Lacuna Coil
No 1991 Scabbia comezou a súa carreira profesional como músico de xira para varios grupos como vocalista de coros. Ese mesmo ano coñeceu ó vocalista Andrea Ferro e o baixista Marco Coti Zelati nun club de Milán, comezando un grupo con eles. Naquel entón o grupo chamouse Ethereal, e Scabbia comezou como vocalista de gravación para os coros da súa demo, pero o grupo considerou que o conxunto de voces masculina e feminina soaba ben polo que pasou a ser un membro permanente do grupo. En maio de 1996 gravaron unha demo de dous temas, firmando un contrato con Century Media e cambiando o seu nome a Lacuna Coil xa que xa existía un grupo greo co mesmo nome de Ethereal. Nese ano comezaron a realizar varios concertos xa coa súa formación completa, e publicaron o seu primeiro álbum de estudio no ano 1997.
Discografía Con Lacuna Coil In a Reverie - 1999 (Century Media) Halflife EP - 2000 (Century Media) Unleashed Memories - 2001 (Century Media) Comalies - 2002 (Century Media) Karmacode - 2006 (Century Media) Shallow Life - 2009 (Century Media/EMI) Dark Adrenaline - 2012 (Century Media) Broken Crown Halo - 2014 (Century Media) Delirium - 2016 (Century Media)
Colaboracións TitleWithThe Theory of EverythingAyreon"Beautiful Lie"Emiliano Audisio"Nell'acqua"Rezophonic"Watch Over You"Watch Over You (Duet w/ Cristina Scabbia) Last.fmAlter Bridge"Basta!"L'Aura feat. Rezophonic"S.O.S. (Anything But Love)"Apocalyptica"À Tout le Monde (Set Me Free)"Megadeth"Can You Hear Me?"Rezophonic "I'm That"Franco Battiato
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cantantes de Italia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na provincia de Milán