A cirurxía pediátrica é unha especialidade da medicina conforme a Lei de especialidades médicas do ano 1977. Está incluída dentro do grupo das especialidades cirúrxicas. Abrangue o estudo e tratamento cirúrxico das doenzas que afectan ao feto, neonato, lactante, neno e adolescente.
En España é unha das 47 especialidades médicas recoñecidas. Para cursala cómpre estar en posesión do título de Graduado ou Licenciado en Medicina, e posteriormente aprobar o exame MIR. A especialidade ten unha duración de 5 anos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cirurxía Ligazóns externas The American Pediatric Surgical Association
Categoría:Cirurxía