A interleucina 9 (IL-9 ou IL9) é unha proteína citocina (molécula de sinalización celular) pertencente ao grupo das interleucinas, codificada nos humanos no xene IL9 do cromosoma 5.
Función
Esta proteína é unha citocina producida polas células T axudantes CD4+, que actúa como regulador de varias células hemotopoéticas. Esta citocina estimula a proliferación celular e impide a apoptose. Estimula tamén o crecemento de mastocitos.Shigeyuki Matsuzawa, Kazuo Sakashita, Tatsuya Kinoshita, Susumu Ito, Tetsuji Yamashita e Kenichi Koike. IL-9 Enhances the Growth of Human Mast Cell Progenitors Under Stimulation with Stem Cell Factor. The Journal of Immunology. Abril 1, 2003 vol. 170 no. 7 3461-3467. doi: 10.4049/jimmunol.170.7.3461 Funciona a través do receptor da interleucina 9 (IL9R), o cal activa diferentes transdutores de sinais e proteínas activadoras (STAT) e deste modo conecta esta citocina con varios procesos biolóxicos. O xene que codifica esta citocina foi identificado como un xene candidato asociado á asma. Os estudos xenéticos feitos en modelos de ratos da asma demostraron que esta citocina é un factor determinante na patoxénese da hiperrresposta bronquial.
A interleucina 9 inhibe o crecemento do melanoma en ratos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Citocinas Categoría:Sistema inmunitario