A arquidiocese de Atlanta (en ) é unha arquidiocese da Igrexa Católica Latina no sur dos Estados Unidos. Componse dos condados do norte do estado de Xeorxia, e está dirixida por un prelado arcebispo, que é tamén pastor da Igrexa Católica, da Catedral de Cristo Rei na Cidade de Atlanta. Dende 2023, o arcebispo é Gregory Hartmayer.
Historia A antiga diocese de Atlanta foi creada por unha división da diocese de Savannah-Atlanta o 2 de xullo de 1956. Foi elevada ao rango de arquidiocese o 10 de febreiro de 1962. En 1966 foi sé do bispo máis novo da nación, o futuro cardeal Joseph Bernardin. Ordenado bispo auxiliar á idade de 38, Bernardin máis tarde converteuse en arcebispo de Cincinnati e, logo, en arcebispo de Chicago.
En 1988, Eugene Antonio Marino foi nomeado arcebispo de Atlanta, converténdose no primeiro arcebispo afroamericano nos Estados Unidos. Renunciou dous anos máis tarde, despois de que se descubrise o seu romance cun ministro.
A poboación católica da área metropolitana de Atlanta e North Georgia ascendía a 900.000 en 2010, impulsado nos últimos anos polos inmigrantes estranxeiros e a migración doutras rexións dos E.U.A.
Territorio En 2014, a arquidiocese incluía 100 parroquias e misións.Parishes and missions, by name , Roman Catholic Archdiocese of Atlanta, Smyrna, GA: Roman Catholic Archdiocese of Atlanta, 2014, Consultado o 1 de xaneiro de 2014. No 2007, a Arquidiocese tiña 84 parroquias,The Archdiocese of Atlanta: A history, Strasbourg, France: Editions du Signe, Archdiocese of Atlanta, 2006. que servían aos seguintes condados do norte de Xeorxia:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Igrexa Católica Latina Diocese católica latina de Savannah
Ligazóns externas Páxina web oficial da arquidiocese de Atlanta . Perfil da arquidiocese de Atlanta en Catholic-Hierarchy.org .
Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina Categoría:Divisións territoriais católicas nos Estados Unidos de América