Susana Díaz Pacheco, nada en Sevilla o 18 de outubro de 1974, é unha política española pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español, presidenta da Xunta de Andalucía dende o 7 de setembro de 2013 até o 16 de xaneiro de 2019 e exsecretaria xeral da federación andaluza do PSOE. É licenciada en Dereito pola Universidade de Sevilla.
Entre o 7 de maio de 2012 e o 7 de setembro de 2013 foi conselleira de Presidencia e Igualdade da Xunta de Andalucía. Anteriormente foi senadora por designación autonómica e secretaria de organización do PSOE-A.
Cargos Secretaria de Organización de Xuventudes Socialistas de Andalucía (1997-2004). Concelleira do Concello de Sevilla (1999-2004). Tenente de Alcalde de Recursos Humanos de Sevilla (2003-2004). Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2004-2008). Secretaria de Organización do PSOE de Sevilla (2004-2010). Deputada por Sevilla no Parlamento de Andalucía (Dende 2008). Secretaria de Organización do PSOE-A (2010-2012). Senadora designada polo Parlamento de Andalucía (2011-2012). Conselleira de Presidencia e Igualdade da Xunta de Andalucía (2012-2013). Secretaria xeral do PSOE de Sevilla (2012-2013). Presidenta da Xunta de Andalucía (Dende 2013). Secretaria xeral do PSOE-A (Dende 2013). Presidenta do Consello de Política Federal do PSOE (Dende 2014).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha de Susana Díaz no Parlamento de Andalucía Perfil de Susana Díaz
Categoría:Presidentes da Xunta de Andalucía Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Andalucía