Rafael Escuredo Rodríguez, nado en Estepa (Sevilla) o 16 de abril de 1944, é un político español, primeiro Presidente da Xunta de Andalucía.
Biografía Nado en Estepa, licenciouse en Dereito pola Universidade de Sevilla en 1967, onde daría clases de Dereito do Traballo ata 1976. O ano que comezou a dar clases afiliouse ao PSOE, e o ano seguinte fundou un despacho laboralista en Sevilla, xunto a Felipe González e outras personalidades políticas. Foi deputado tras as eleccións de 1977 (repetiría dous anos máis tarde), período durante o que negociaría as condicións da preautonomía andaluza. O 2 de xuño de 1979, Rafael Escuredo é elixido Presidente da Xunta de Andalucía, cargo que ocuparía ata 1984. Dende entón exerce como avogado.
Recoñecementos Fillo Predilecto de Andalucía, 1985 Unha rúa no campus da Canella, da Universidade de Almería, leva o nome de Rafael Escuredo.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Presidentes da Xunta de Andalucía Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Estepa, provincia de Sevilla Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)