Ricardo Conde Salgado, nado na Coruña o 3 de abril de 1853 e finado en Villa Urquiza (Provincia de Entre Ríos) o 11 de setembro de 1938, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria Fixo o ensino secundario na Coruña e Santiago de Compostela. En 1871 trasladouse a Madrid para cursar a carreira de Medicina e logo de dous anos de estudos decidiu emigrar á Arxentina. Comezou traballando no comercio e despois pasou á docencia e ao xornalismo. Colaborou en El Correo Español, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego, participou na fundación de La Prensa Española e dirixiu un tempo La Opinión. Foi profesor en varios centros privados e no Instituto Mercantil e catedrático de Xeografía Marítima, Historia e Lingua Castelá na Escola Naval Militar.
Foi correspondente da Real Academia Galega.Correspondentes. RAG
Obras miniatura|250px|Inauguración da emisión do programa de radio La Hora Gallega de Radio Patria de Buenos Aires, 1933 Misión civilizadora de los españoles en la conquista de América, premiada nos Xogos Florais organizados polo Centro Gallego. Canto a Galicia, premiado nos Xogos Florais da Asociación Patriótica Española o 22 de outubro de 1904. Los Municipios en la América Española (El Eco de Galicia, núms. 285-290, 1899).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá