Eduardo Álvarez Pertierra, nado en Santiago de Compostela en 1850 e finado na mesma cidade o 31 de xullo de 1878, foi un médico e poeta galego.
Traxectoria miniatura|page=4|Primeros ecos de una lira. Morreu prematuramente logo de finalizar os seus estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactor da Revista Compostelana de Instrucción y Recreo. O seu poema "A romería" foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de 1875. Escribiu a oda "Al trabajo".
Obras Mi tributo a Galicia, 1871. Impreso pola Oficina Tipográfica de Manuel Mirás y Álvarez (na Praciña da Fonte Seca, núm. 1); 12 páxinas. Unas memorias. Cuento original, 1871. Primeros ecos de una lira, 1871. Senda de abrojos, 1874. Baladas, 1876. Colectiva Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres, 1877.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Galegos
Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados por diabetes Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela