Daniel Granada Conti, nado en Vigo o 3 de setembro de 1847 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1929, foi un filólogo e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Vocabulario rioplatense razonado, 2ª ed. Montevideo 1890. Emigrou a Uruguai. Estudou Dereito na Universidade de Montevideo e doutorouse na mesma Universidade. Foi xuíz de primeira instancia, secretario da Universidade de Montevideo e catedrático de literatura do Ateneo Uruguay. En 1904 regresou a España e fixou a súa residencia en Madrid. Foi nomeado correspondente da Real Academia Española e comendador da Orde de Afonso XII. Colaborou en Almanaque Gallego e deixou inéditas Lexicografía y apuntamiento con especial aplicación del Río de la Plata e Reseña histórico-descriptiva del caballo y del perro baguales en el Río de la Plata.
Obras Vocabulario rioplatense razonado. Montevideo, 1889. Supersticiones del Río de la Plata. 1896.
Véxase tamén Bibliografía
GRANADA Y CONT, Daniel, artigo na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Alumnos da Universidade da República