miniatura|upright|Nico Rosberg, gañou o seu primeiro Campionato Mundial de Pilotos miniatura| 250px | Mercedes logrou o seu terceiro campionato do mundo de construtores consecutivo. miniatura|right|upright|Lewis Hamilton terminou segundo no campionato. A tempada de Fórmula Un foi a 67ª tempada da Fédération Internationale de l'Automobile (FIA) do Campionato do Mundo de Fórmula Un, que é recoñecido como a clase máis alta da competición para coches de carreiras de rodas abertas. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores, en vinte e un Grandes Premios na que foi a tempada máis longa na historia deste deporte ata o momento. Empezaron en Australia o 20 de marzo e o acabaron en Abu Zabi.
A tempada de 2016 viu a grella ampliada a vinte e dous coches coa entrada do equipo Haas. Renault volveu ao deporte como construtor logo dunha ausencia de catro anos logo da adquisición de Lotus antes de comezar a tempada. O calendario ampliouse de xeito similar, co regreso do Gran Premio de Alemaña. O Gran Premio de Europa tamén foi revivido, co acontecemento que visita un novo circuíto na capital de Azerbaidján, Bakú.
Nico Rosberg gañou o seu primeiro título do campionato do mundo de pilotos na carreira final da tempada en Abu Zabi. Con nove vitorias e sete podios, Rosberg venceu ao seu compañeiro e defendor do Campión do Mundo Lewis Hamilton por cinco puntos. Ao facelo, Rosberg seguiu o éxito do seu pai Keke Rosberg en e converteuse no segundo fillo dun campión en converterse tamén en campión, unha fazaña previamente alcanzada por Graham e Damon Hill. No Campionato Mundial de Construtores, Mercedes logrou revalidar con éxito o seu título por terceiro ano consecutivo, batendo a Red Bull Racing por douscentos noventa e sete puntos. Ferrari terminou terceiro na xeral, outros setenta puntos por detrás.
Equipos e pilotos Os seguintes equipos e pilotos participaran no Campionato Mundial de fórmula 1 de 2016: Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Nº Pilotos''' RoldasNº Pilotos das prácticas libres Scuderia Ferrari135pxFerrariSF16-HFerrari 0615Todascolspan=2 rowspan=2 7 Kimi RäikkönenTodas Sahara Force India Formula One Team135pxVJM0911 Sergio PérezTodas34 Alfonso Celis Jr.27 Nico HülkenbergTodas Haas F1 Team135pxHaas-FerrariVF-16Ferrari 061 8 Romain GrosjeanTodas5021 Esteban GutiérrezTodas McLaren Honda Formula 1 Team135pxMcLaren-HondaMP4-31Honda RA616H141, 3–21colspan=2 rowspan=3 47 Stoffel Vandoorne222 Jenson ButtonTodas135pxMercedesMercedes PU106C Hybrid6 Nico RosbergTodascolspan=2 rowspan=2 44 Lewis HamiltonTodas Manor Racing MRT135pxMRT-MercedesMRT05Mercedes PU106C Hybrid88 Rio Haryanto1–1242 Jordan King31 Esteban Ocon13–2194 Pascal WehrleinTodas Red Bull Racing135pxRB12TAG Heuer3Todascolspan=2 rowspan=3 26 Daniil Kvyat1–433 Max Verstappen5–21135pxRenaultRS16Renault RE1620Todas4546 Esteban Ocon Sergey Sirotkin30 Jolyon PalmerTodas Sauber F1 Team135pxSauber-FerrariC35Ferrari 0619 Marcus EricssonTodascolspan=2 rowspan=2 12 Felipe NasrTodas Scuderia Toro Rosso135pxSTR11331–4colspan=2 rowspan=3 26 Daniil Kvyat5–2155 Carlos SainzTodas Williams Martini Racing135pxFW38Mercedes PU106C Hybrid19 Felipe MassaTodascolspan=2 rowspan=2 77 Valtteri BottasTodasFontes:
Haas F1 Team, é un equipo fundado polo propietario do equipo das Sprint Cup Series da NASCAR Gene Haas, uniuse á grella da Fórmula Un no 2016 despois de que o equipo fora aceptado para unirse ao campionato na tempada pero Haas aprazou a súa entrada por un ano. É o primeiro equipo estadounidense que compite desde Haas Lola na tempada de . O equipo utilizará unidades de alimentación fornecidas por Ferrari e un chasis desenvolvido por Dallara. A última participación de Dallara na Fórmula Un foi como fabricante do chasis para HRT en . Renault volveu á Fórmula Un como equipo de fábrica despois de comprar Lotus a Genii Capital, a firma de capital risco á que orixinalmente venderan o mesmo equipo no , e fornecera os motores ata o final de . A participación de Lotus na tempada 2016 estivo pendente da resolución do Tribunal Superior da demanda contra o equipo presentada por HM Revenue and Customs polo non pagamento do imposto PAYE. Marussia cambiou o nome do equipo a Manor Racing MRT, unha solicitude concedida o 19 de xaneiro de 2016. O equipo cambiou de motores Ferrari a motores Mercedes, uns motores con especificacións de 2016 logo de utilizar un vello motor Ferrari en 2015. O equipo sufriu unha remodelación de xestión trala dimisión do director do equipo John Booth e o director deportivo Graeme Lowdon. Tralo colapso de HRT en e Caterham en , as renuncias de Booth e Lowdon marcan as saídas das últimas figuras clave na expansión deste deporte en . Red Bull Racing terminou a súa asociación de nove anos co fornecedor de motores Renault ao final da tempada , o equipo xustificouno pola falta de rendemento do motor Renault Energy-F1 2015 como o factor principal da separación. O equipo seguiu utilizando motores Renault, con todo foron rebadged como TAG Heuer. O director do equipo, Christian Horner, nomeou a asociación de Renault con Mario Illien e a súa compañía Ilmor como razón para permanecer co fabricante. O equipo irmá Scuderia Toro Rosso volveu a usar unidades de enerxía Ferrari, como o fixeran antes do comezo de 2014, logo de que Renault anunciara que xa non fornecería motores a clientes. O equipo usou a unidade de enerxía 059/4 utilizada polo equipo Ferrari en 2015 despois de que Ferrari recibira a aprobación do Consello Mundial de Automobilismo da FIA para fornecer vellos motores, baseándose en que as extensas revisións do deseño do motor significaba que non sería capaz de fabricar a tempo motores adicionais coas especificacións de 2016 para o inicio da tempada. Sauber cambiou de propietario na semana previa ao Gran Premio de Hungría, e o equipo foi comprado por Longbow Finance. Malia a adquisición e a retirada do fundador do equipo Peter Sauber, o equipo seguirá utilizando o nome Sauber.
Cambios de pilotos Romain Grosjean abandonou Lotus ao final da tempada logo de catro anos co equipo. Unirase ao equipo Haas F1 recentemente formado para 2016, onde estará acompañado polo expiloto de Sauber Esteban Gutiérrez. Gutiérrez regresará á competición logo de pasar unha tempada como piloto de probas e reserva de Ferrari. Cos contratos xa garantidos de Jenson Button e Fernando Alonso, McLaren decidiu non renovar o contrato de Kevin Magnussen, que participou nunha soa carreira para o equipo en 2015. Jolyon Palmer, o campión das GP2 series de 2014, fará o seu debut con Lotus, en substitución de Grosjean. Palmer participou nos adestramentos libres regulares co equipo en 2015. Malia que orixinalmente asinara un contrato con Lotus para o 2016, Pastor Maldonado anunciou que non pilotaría para Renault. Isto debeuse á imposibilidade do seu patrocinador PDVSA para pagar o seu patrocinio para a tempada. Foi substituído por Kevin Magnussen, que foi liberado por McLaren, cando decidiron non renovar o seu contrato despois de que participara nunha soa carreira co equipo en 2015.http://www.skysports.com/f1/news/12433/10154227/renault-launch-2016-livery-and-confirm-kevin-magnussen-alongside-jolyon-palmer Os pilotos de Marussia Will Stevens, Roberto Merhi e Alexander Rossi non foron retidos por Manor. O equipo asinou a dous novatos para a súa campaña de 2016, o campión da tempada da Deutsche Tourenwagen Masters de 2015 Pascal Wehrlein e o cuarto clasificado da tempada da GP2 Series de 2015, Rio Haryanto, ambos con contratos dun ano, Hary é o primeiro piloto de Indonesia en competir no Campionato.
Cambios a metade de tempada Fernando Alonso foi descartado para o Gran Premio de Bahrain como medida de precaución logo dos exames médicos trala súa colisión con Esteban Gutiérrez en Australia que revelaron que tiña as costelas rotas e un pneumotórax. O piloto de reserva en McLaren e actual campión da GP2 Series Stoffel Vandoorne fixo a súa estrea na Fórmula Un, en substitución de Alonso. Alonso regresou ao seu asento no Gran Premio da China. Daniil Kvyat e Max Verstappen cambiaron os seus lugares antes do Gran Premio de España, Verstappen ascendíu a Red Bull Racing e Kvyat volveu a Scuderia Toro Rosso. Red Bull explicou a decisión de cambiar os seus pilotos como forma de aliviar a presión sobre Kvyat tralas críticas polo seu papel no accidente na primeira volta no Gran Premio de Rusia, e para aliviar a tensión permanente entre Verstappen e o seu compañeiro de equipo Carlos Sainz en Toro Rosso. O campión das GP3 Series de 2015 e piloto de probas de Renault Esteban Ocon fixo a súa estrea na Fórmula Un con MRT no Gran Premio de Bélxica. Ocon substitúe Río Hary, que perdeu o asento cando os seus patrocinadores non foron capaces de cumprir coas súas obrigacións financeiras co equipo. Hary quedou co equipo, como probador e reserva.
Lista de carreiras planificadas miniatura|300px|As nacións que albergan un Gran Premio en 2016 están en verde, co circuíto marcado cun punto negro. as ex nacións anfitrioas móstranse en gris escuro, e os antigos circuítos de acollida están marcados cun punto branco. Os seguintes vinte grandes premios están programados para levarse a cabo en 2016.
RoldaGran PremioCircuítoData1Gran Premio de Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne20 de marzo2Gran Premio de Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir3 de abril3Gran Premio da China Circuíto Internacional de Xangai, Xangai17 de abril4Gran Premio de Rusia Circuíto de Sochi, Sochi1 de maio5Gran Premio de España Circuíto de Barcelona-Cataluña, Barcelona15 de maio6Gran Premio de Mónaco Circuíto de Mónaco, Monte Carlo29 de maio7Gran Premio do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal12 de xuño8Gran Premio de Europa Circuíto urbano de Bakú, Bakú19 de xuño9Gran Premio de Austria Red Bull Ring, Spielberg3 de xullo10Gran Premio do Reino Unido Circuíto de Silverstone, Silverstone10 de xullo11Gran Premio de Hungría Hungaroring, Budapest24 de xullo12Gran Premio de Alemaña Hockenheimring, Hockenheim31 de xullo13 Gran Premio de Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot28 de agosto14Gran Premio de Italia Autodromo Nazionale Monza, Monza4 de setembro15Gran Premio de Singapur Circuíto urbano de Marina Bay, Singapur16 Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur2 de outubro17Gran Premio do Xapón9 de outubro18 Circuíto das Américas, Austin, Texas23 de outubro19Gran Premio de México30 de outubro20Gran Premio do Brasil Autódromo José Carlos Pace, São Paulo13 de novembro21Gran Premio de Abu Zabi Circuíto de Yas Marina, Abu Zabi 27 de novembro Fonte:
Cambios no calendario miniatura|right|300px|A Fórmula Un visitará por primeira vez en 2016, na reactivación do Gran Premio de Europa, coa carreira que se disputara en Azerbaidján nun circuíto urbano na capital, Bakú
O Gran Premio de Europa disputarase por primeira vez desde coa carreira que se celebrará nun circuíto urbano de Bakú, a capital de Azerbaidján. A carreira disputarase baixo o nome de "Gran Premio de Europa de Bakú". O Gran Premio de Alemaña volve á Hockenheimring, de conformidade co acordo da repartición de carreiras que se establece entre o circuíto de Hockenheim e o Nürburgring desde . Hockenheimring acollera anteriormente a carreira en .
cambios de data O Gran Premio de Malaisia que se celebraba a principios de temapada desde agora disputarase a finais de ano, á vez co Gran Premio do Xapón en outubro. O Gran Premio de Rusia adiantarase de outubro a maio, converténdose na cuarta rolda da tempada.
Cambios de regras
Regulamentos técnicos
Requiriráse que os coches sexan deseñados cunha válvula de descarga independente para que gases de escape pasen a través do coloquialmente coñecido como o "tubo gritón", nun intento por aumentar o ruído dos coches tralas críticas desde a introdución da nova xeración de motores de 2014.