Nikolas Tomas "Nik" Stauskas, nado o 7 de outubro de 1993 en Mississauga, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Sacramento Kings. O 8 de xullo de 2014, asinou o seu contrato coma rookie cos Kings.
O 10 de xullo de 2015, Stauskas foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Carl Landry, Jason Thompson e unha futura elección da primeira rolda do Draft, a cambio dos dereitos de Artūras Gudaitis e Luka Mitrović.
O 7 de decembro de 2017, Stauskas foi traspasado xunto a Jahlil Okafor e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Brooklyn Nets, a cambio de Trevor Booker.
O 5 de xullo de 2018, Stauskas asinou cos Portland Trail Blazers.
O 4 de febreiro de 2019, Stauskas foi traspasado xunto a Wade Baldwin IV e dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Rodney Hood. Tres días máis tarde, o 7 de febreiro de 2019, Stauskas foi traspasado xunto a Iman Shumpert, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings. Horas máis tarde foi traspasado de novo xunto a Baldwin e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 e os dereitos de Maarty Leunen, desta vez ós Indiana Pacers. O 8 de febreiro, foi cortado polos Pacers. O 11 de febreiro, asinou cos Cleveland Cavaliers.
O 1 de agosto de 2019, Stauskas asinou co Saski Baskonia da Liga ACB. O 12 de febreiro de 2020, Stauskas e o Baskonia chegaron a un acordo para rescindir o contrato do xogador.
O 31 de decembro de 2021, Stauskas asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.
O 9 de xullo de 2022, Stauskas foi traspasado xunto a Aaron Nesmith, Daniel Theis, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023 ós Indiana Pacers a cambio de Malcolm Brogdon.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Mississauga Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Canadenses de ascendencia lituana