Momias viventes (en ) é unha serie de animación estadounidense creada por DIC Entertainment. Ten unha soa temporada que foi emitida orixinalmente en 1997. A serie formou parte dunha tendencia xeral de "momiamanía" na cultura popular dos anos 90.
Sinopse No antigo Exipto, un malvado feiticeiro chamado Scarab, mata ó fillo do faraón, o príncipe Rapses, para poder conseguir a inmortalidade. Enterrado vivo polo seu crime, Scarab revive no mundo moderno e comeza a busca da reencarnación de Rapses, un rapaz de San Francisco de nome Presley Carnovan. Os gardacostas momias de Rapses' (Presley's), Ja-Kal, Rath, Armon e Nefer-Tina, xunto co gato de Rapses, Kahti, espertan da morte para protexelo de Scarab. Eles empregan o poder de Ra para transformarse en poderosos gardiáns.
Cada unha das momias teñen o poder dun deus expicio. Ja-Kal ten o espírito dun falcón, Rath o dunha cobra, Armon o dun boi e Nefer-Tina o dun gato. Cada un deles é quen de invocar armaduras e poderes máxicos para loitar. Porén, unha vez que a súa forza se esgota, deben repousar no seu sarcófago para recuperarse.
Episodios Ra, Ra, Ra, Ra (Ra, Ra, Ra, Ra) Somnámbulo coma un exipcio (Sleep Walk Like an Egyptian) Viaxe ao futuro (Pack to the Future) O regalo de Geb (The Gift of Geb) A elegancia do deserto (Desert Chic) O gran Nuhn (High Nuhn) Zombi (Dead Man Walking) Adeus señor Cheops (Good Bye Mr. Cheops) Fociñada (Body Slam) Garras (Paws) A maldición de Sekhmet (The Curse of Sekhmet) Un can tráballe a unha momia (Dog Bites Mummy) Reunión (Reunion) O príncipe e Presley (The Prince and the Presley) O neno do Exip Tsu (The Egyp-Tsu Kid) O rostro no espello (The Face in the Mirror) Unha mala fundición (Miscast) Prestidixitación (Sleight of Sand) Acordándose de Ja Kal (Missing Ja-Kal) Os espíritos do ouro (Ghouls' Gold) Oferta tentadora (Tempting Offer) Hora de dar a cara (Loss of Face) Scarab o neno (Kid Scarab) Casada con Gev (Married to the Geb) Auga, auga por todos os lados (Water, Water, Everywhere...) Unha noite escura e estridente (A Dark and Shrieky Night) Cargado de boas intencións (Pepped with Good Intention) Dr Jekyll e Mr Huxley (Dr. Jekyll and Mr. Huxley) Maníacos dos camións monstro (Monster Truck Mania) O cristal con que se mira (Eye of the Beholder) O rock das tres en punto (Tree O'Clock Rock) Obxecto do seu afecto (Object of His Affections) A momia de Alcatraz (The Bird-Mummy of Alcatraz) Cariño, encollín as momias (Honey, I Shrunk the Mummies) Crente convencido (True Believer) Quen é quen (Who's Who?) Meu pai o heroe (My Dad the Hero) O gardián do irmán (Brother's Keeper) Unha momia nova na cidade (New Mummy in Town) A frecha do corazón (The Heart's Arrow) Collemos un (We've Got One) Ensíname a momia (Show Me the Mummy!)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1997 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1997 Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega