A arquidiocese da Nai de Deus en Moscova (en ; en ) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 tiña arredor de 200.000 bautizados sobre unha poboación total de 58 820 000 habitantes. Dende 2007, o seu arcebispo é Paolo Pezzi.

Territorio A arquidiocese abrangue un amplo territorio, correspondente á parte setentrional e central da Rusia europea. A sé arcebispal é a cidade de Moscova, onde está a catedral da Nai de Deus. O territorio está organizado en 63 parroquias.

Historia O 13 de abril de 1991 foi erixida a administración apostólica da Rusia europea, en territorios até entón pertencentes á diocese de Vladivostok.

O 30 de decembro de 1993 cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica do Cáucaso.

O 23 de novembro de 1999 mudou o seu nome polo de administración apostólica da Rusia europea setentrional, e cedeu parte do seu territorio para erixir a administración apostólica da Rusia europea meridional.

O 11 de febreiro de 2002 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana, e mudou o seu nome polo de Nai de Deus en Moscova.

Episcopoloxio Administradores apostólicos da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz (13 de abril de 1991 – 23 de novembro de 1999) Administradores apostólicos da Rusia europea setentrional Tadeusz Kondrusiewicz (23 de novembro de 1999 – 11 de febreiro de 2002) Arcebispos metropolitanos da Nai de Deus en Moscova Tadeusz Kondrusiewicz (11 de febreiro de 2002 - 21 de setembro de 2007, nomeado arcebispo de Minsk-Mahilioŭ) Paolo (Pavel) Pezzi (21 de setembro de 2007 - actualidade)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Rusia Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina