Dinosaucers é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción creada por DiC Entertainment, emitida orixinalmente nos Estados Unidos de América no ano 1987. En Galicia emitiuna a TVG en 1990.
Sinopse Un grupo de dinosauros evolucionados extraterrestres, os Dinosaucers, chegan á Terra dende o seu planeta de orixe chamado Reptilón, que se encontra na mesma órbita da Terra pero no lado oposto do sol, tentando achar unha solución que evite a destrución do seu planeta.
Contactan cun grupo de mozos humanos, que será denominado como o Dinoescuadrón Secreto, que tentarán axudalos. Porén comezan a xurdir problemas ó seguilos outro grupo de dinosauros extraterrestres, os Tyrannos, que chegan co propósito de conquistar a Terra.
Categoría:Debuxos animados Categoría:Series de televisión con versión galega