A octopina é un derivado dos aminoácidos arxinina e alanina. Foi o primeiro composto que se descubriu da clase de compostos químicos aos que se chamou opinas. A octopina recibe o seu nome do polbo Octopus octopodia, xa que se extraeu por primeira vez do músculo dese animal, en 1927.

A octopina foi illada do tecido muscular de invertebrados como o polbo, a vieira Pecten maximus e Sipunculus nudus, onde funciona como un análogo do ácido láctico. Tamén a produce a bacteria Agrobacterium, e promove a formación de tumores nas plantas.

A octopina fórmase por condensación redutora do ácido pirúvico e a arxinina por acción do encima dependente do NADH octopina deshidroxenase (ODH). A reacción é reversible, polo que se poden rexenerar a arxinina e o piruvato.

400px

Notas

Categoría:Derivados de aminoácidos Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Guanidinas