Hermenexildo Amoedo Carballo, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1747 e finado en Mantua (Italia) o 24 de decembro de 1811, foi un relixioso e poeta galego.

Traxectoria Estudou na Compañía de Xesús de Pontevedra canda a José Francisco de Isla, e ingresou na compañía en decembro de 1762. Logo da expulsión da orde de España por parte do rei Carlos III en 1767, ambos os dous marcharon a Italia.

En 1787 publicou en Boloña a obra Carmen patrium sive Pontevedra, escrita en latín en romance con 429 versos hendecasílabosAlonso Montero, Xesús (1998): "Pontevedra na voz de dous exiliados", artigo en La Voz de Galicia, 21 de agosto de 1998.. Foi reeditada en 1788 en Santiago de Compostela.A peza, adicada a Sebastián Malvar Pinto (tamén pontevedrés, e arcebispo de Santiago de Compostela), foi traducida ao galego por Xoán Manuel Pintos e incluída na súa obra A gaita gallega (en 1853). Nesta obra narra a morriña pola súa cidade natal, Pontevedra, que deixara no ano 1762. É descrición bastante detallada da Boa Vila no seu tempo.

Foi preso por non prestar xuramento a Xosé Bonaparte, rei de Nápoles, como o resto dos xesuítas. Eles segundo as súas normas non poden prestar xuramento de obediencia e ninguén agás ao Papa e ao xeneral da Compañía. Morreu na cadea de Mantúa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Amoedo Carballo, Hermenexildo" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 52, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1747 Categoría:Finados en 1811 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Xesuítas de España Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina