Denomínase Vello Mundo a aquelas partes da Terra coñecida polos europeos antes das viaxes de Cristovo Colón: Europa, Asia, África e as illas circundantes.

O termo é o oposto a Novo Mundo, que dá a entender a América.

Ámbito Aínda que o interior de Asia e África non foran completamente explorados polos europeos daquel entón, sabíase da súa existencia até Xapón (Cipango), a China (Catai) e Suráfrica. Deste xeito estes rerritorios tamén son considerados como Vello Mundo.

Australia e a Antártida non son nin Vello nin Novo Mundo, xa que estes termos son anteriores ao seu descubrimento polos europeos (porén, algúns chaman a Australia Novísimo Mundo).Ausralia, el pequeño continente del Novísimo Mundo . Biblioteca Virtual Universal. El Tesoro de la Juventud. .

Na súa acepción biolóxica, os organismos do Vello Mundo son aqueles que se encontran en Eurasia e África, e os organismos do Novo Mundo son aqueles encontrados en América.

Os viños do Vello e o Novo Mundo A distinción entre Vello e Novo Mundo tamén se aplica aos viños,Vinos Reserva, un concepto relativo . René García Valdés. Excelencias Magazine. Consultado o 18 de decembro de 2014. na que se identifica co primeiro as rexións tradicionais (conca mediterránea e centro-sur de Europa) que cultivan videiras e aos viños producidos alí.

Os viños do Vello Mundo prodúcense a partir de videiras moi coidadas e con estándares de produción elevados. Aplícaselles denominacións de orixe segundo o país (como Porto, Champaña ou Ribeira Sacra).

As técnicas de cultivo do Novo Mundo foron introducidas polos inmigrantes a finais do século XIX e principios do XX. Utilizan marcas emblemáticas para cada país como o Tannat no Uruguai.Hoy: Viejo Mundo, Nuevo Mundo . René García Valdés. Excelencias Magazine. Clarín.com. 22 de febreiro de 2012. Consultado el 18 de outubro de 2014.miniatura|300px|Mapamundi de Frei Mauro (1459).|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Era dos descubrimentos Eurafrasia Mapamundis antigos Novo Mundo

Categoría:Continentes Categoría:Toponimia