A sacaropina é un composto dipéptido intermediario no metabolismo do aminoácido lisina, tanto da súa síntese como da súa degradación, dependendo da especie. É o precursor da lisina na vía do alfa-aminoadipato, que se produce nalgúns fungos inferiores, nos fungos superiores, e en euglénidos. Nos mamíferos e plantas superiores a sacaropina é un intermediario da degradación da lisina, que se forma pola condensación da lisina co alfa-cetoglutarato.

Reacción As reaccións implicadas, catalizadas polo encima saccropina deshidroxenases, son:

lisina + alfa-cetoglutarato ⇌ sacaropina ⇌ glutamato + 2-aminoadipato 6-semialdehido

Patoloxía A sacaropinuria (niveis elevados de sacaropina na urina) e a sacaropinemia (exceso de sacaropina no sangue) son condicións que están presentes en varios trastornos conxénitos que afectan á degradación da lisina.

Historia A sacaropina illárona por primeira vez en 1961 a partir de lévedo (de Saccharomyces, de aí o seu nome) Darling e Larsen.Darling, S., and Larsen, P. O., Saccharopine, a new amino acid in Baker's and Brewer's yeast: I. Isolation and properties. Acta Chem. Scand., 15, 743 (1961).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Opinas

Categoría:Aminoácidos Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Dipéptidos