Rafael Fernández Martínez, nado en Pontevedra o 24 de outubro de 1916El Diario de Pontevedra, 25-10-1916, p. 2. e finado en Oviedo o 8 de marzo de 1979,La Nueva España,9-3-1979, p. 24. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Domingo Fernández Méndez, que foi catedrático da Escola Normal de Pontevedra. Estudou o bacharelato en Pontevedra e despois trasladouse coa familia a Oviedo. Fundador do SEU en Oviedo, estivo encarcerado na primavera de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse como voluntario no bando sublevado. Ferido en combate, foi nomeado xefe do SEU de Oviedo e rematou os estudos de Dereito. Doutor en Dereito, xuíz de primeira instancia e profesor de dereito penal da Universidade de Oviedo, foi secretario local de FET y de las JONS de Oviedo e consejero provincial do Movimiento de Asturias.El Pueblo Gallego, 10-4-1956, p.1. Foi Tenente Fiscal da Audiencia de Oviedo. En abril de 1956 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra.La Noche, 10-4-1956, p. 1. Cesou como gobernador en 1961 e foi nomeado gobernador civil de Tarragona, posto no que cesou en 1967. Despois foi fiscal xefe da Audiencia provincial de Oviedo.

Recoñecementos Encomenda de Cisneros. Cruz de Guerra. Medalla de Campaña. Medalla da Vieja Guardia. Medalla de Fundador do SEU. Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, 1960.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), 352 pp., Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015.

Categoría:Falanxistas Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Tarragona Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes