Francisco García Alted, nado en 1907 e finado en Málaga o 13 de febreiro de 1995,Necrolóxica en ABC foi un militar e político español.
Traxectoria Estudou na Academia de Infantaría. En 1923 foi destinado ás forzas indíxenas de Marrocos até 1929, cando pasou á Garda civil. Militou en Falange Española de las JONS. A finais 1936 foi nomeado gobernador civil de Málaga, cesando en agosto de 1939. En setembro de 1939 pasou a ser gobernador civil de Pontevedra,El Pueblo Gallego, 10-9-1939, p. 2. cargo do que cesou en abril de 1940. Co grao de capitán, prestou servizos como voluntario na División Azul como Xefe da Policía Militar Española da División Española de Voluntarios. Despois fixo carreira no exército, retirándose como coronel en 1969. Ascendeu a Xeneral de Brigada Honorífico en 1983.
Vida persoal Casou con Ascensión Ibancos Torres.
Notas
Categoría:Militares de España
Categoría:Falanxistas Categoría:Gobernadores civís de Málaga Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Membros da División Azul