1965 é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Afghan Whigs, publicado o 27 de outubro de 1998 a través do selo Columbia Records. Foi gravado principalmente nos Kingsway Studios de Daniel Lanois en Nova Orleáns, realizando gravacións tamén en Ocean Way e Larrabee North nos Ánxeles, The American Sector en Nova Orleáns, e London Bridge en Seattle. O disco foi producido enteiramente polo vocalista e guitarrista da banda Greg Dulli, quen tamén compuxo a meirande parte das cancións. A fotografía da portada amosa ao astronauta Ed White no primeiro paseo espacial estadounidense como parte do voo do Gemini 4.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Afghan Whigs Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums producidos por Greg Dulli Categoría:Álbums de Columbia Records