Exodus: Gods and Kings (literalmente Éxodo: Deuses e Reis) é un filme épico estadounidense de 2014 dirixido por Ridley Scott e escrito por Adam Cooper, Bill Collage, Jeffrey Caine e Steven Zaillian. Trátase dunha coprodución entre os Estados Unidos, o Reino Unido e España e foi producido por Peter Chernin, Ridley Scott, Jenno Topping, Michael Schaefer e Mark Huffam con música de Alberto Iglesias. Os protagonistas do filme son Christian Bale, Joel Edgerton, John Turturro, Aaron Paul, Ben Mendelsohn, María Valverde Rodríguez, Sigourney Weaver, Ghassan Massoud, Indira Varma, Golshifteh Farahani e Ben Kingsley. Está inspirado no episodio bíblico do éxodo dos hebreos dende Exipto liderados por Moisés e que está relatado no libro do Éxodo.

Elenco Christian Bale coma Moisés. Joel Edgerton coma Ramsés II. Aaron Paul coma Xosué. John Turturro coma Seti I. Ben Kingsley coma Nun. Sigourney Weaver coma Tuya. María Valverde Rodríguez coma Séfora. Indira Varma coma Sumo Sacerdote. Hiam Abbass coma Bithiah. Kevork Malikyan coma Xetró. Anton Alexander coma Dathan. Golshifteh Farahani coma Nefertari. Tara Fitzgerald coma Miriam. Ben Mendelsohn coma Hegep. Dar Salim coma Khyan. Ayoub El Hilali.

Produción Contra o 15 de marzo de 2013, Deadline.com informou que Ridley Scott quería a Christian Bale como protagonista do filme a quen posteriormente confirmou o papel de Moisés o 13 de agosto a seguir. O mesmo día, Joel Edgerton tamén se uniu ao repartimento co fin de interpretar a Ramsés xunto a Bale; e confirmouse que a produción empezaría en setembro. O estudio anunciou os castings na Almería e Fuerteventura para buscar uns 4500 extras. O 27 de agosto, Aaron Paul tamén se uniu ao filme, co papel de Xosué. Sigourney Weaver, Ben Kingsley e John Turturro tamén conversaron para se unir ao elenco o mesmo día.

Rodaxe

A filmación da película comezou en setembro de 2013 en Pinewood Studios (Londres). En outubro o equipo trasladouse a España para rodar os exteriores en Almería e máis tarde, en Fuerteventura (Illas Canarias).

Posprodución O 8 de xullo de 2014 anunciouse que Alberto Iglesias sería o encargado de realizar a banda sonora do filme. O 9 de xullo saíu á luz o primeiro tráiler de Exodus.

Lanzamento Exodus: Gods and Kings foi estreada o 5 de decembro en España (incluíndo Galiza coa dobraxe castelá) e o 12 de decembro nos Estados Unidos.

Recepción Crítica As primeiras críticas de Exodus foron desde mixtas a positivas. En Rotten Tomatoes, o filme mantén unha cualificación de 64%, baseada en 11 comentarios, cunha cualificación media de 7.2 / 10. En Metacritic, o filme ten unha puntuación de 61 sobre 100, baseada en 6 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes baseados no Antigo Testamento Categoría:Filmes sobre a escravitude Categoría:Filmes rodados en Almería Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX