American Don é un álbum de estudio da banda estadounidense de math rock Don Caballero, publicado o 3 de outubro de 2000 a través do selo Touch and Go Records. O disco foi gravado por Steve Albini.
American Don é a quinta edición de longa duración de Don Caballero, e o cuarto álbum de estudio, aínda que moitos seareiros considerano o seu derradeiro disco debido á pelexa entre Ian Williams e Damon Che, o núcleo creativo do grupo, tras a edición deste álbum. Williams e o baixista Eric Emm abandonaron o grupo tras a gravación de disco, deixando a Che é como único membro orixinal de Don Caballero ata a súa disolución en 2009.
En 2026 publicouse unha edición remasterizada de luxo do álbum con sete temas inéditos extra. Eses temas, coñecidos como True Live Tapes, son versións ao vivo dalgúns temas do disco gravados posteriormente no estudio de Greg Norman (enxeñeiro que tamén traballaba con Albini). A banda decidiu facer esas gravacións porque non quedara contenta co resultado da gravación de Steve Albini.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Don Caballero Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Touch and Go Records