right|miniatura|O río Segura ao seu paso pola cidade de Murcia. A Confederación Hidrográfica do Segura (CHS) é o organismo de xestión, regulador e mantedor das augas, regos e accións das conca do río Segura e dos seus afluentes. Foi creada o 4 de decembro de 1927.

Xeneralidades É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España. As funcións do devandito organismo están reguladas no artigo 25 do Real Decreto 927/1988, que aproba o Regulamento da Administración Pública da Auga e da Planificación Hidrolóxica.

Estas funcións son as seguintes: A elaboración do plan hidrolóxico de conca, así como o seu seguimento e revisión. A administración e control do dominio público hidráulico. A administración e control dos aproveitamentos de interese xeral ou que afecten a máis dunha Comunidade Autónoma. O proxecto, a construción e explotación das obras realizadas con cargo aos fondos propios do Organismo, e as que lles sexan encomendadas polo Estado. As que deriven dos convenios con Comunidades Autónomas, Corporacións Locais e outras Entidades públicas ou privadas, ou dos subscritos cos particulares.

Notas

Véxase tamén

Segura Categoría:Rexión de Murcia