Parquet Courts é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Nova York e formada no ano 2010. O grupo está composto por Andrew Savage (voces, guitarra), Austin Brown (voces, guitarra), Sean Yeaton (baixo), e Max Savage (batería).
Historia Andrew Savage e Austin Brown coñecéronse en Denton, Texas cando os dous estudaban na University of North Texas, nun club de estudantes chamado Knights of the Round Turntable, onde escoitaban e compartían discos novos. Andrew tivo varios proxectos musicais durante o seu tempo na universidade, incluídos Teenage Cool Kids e Fergus & Geronimo. Andrew e o seu irmán Max Savage, o batería de Parquet Courts, naceron e medraron en Denton. Os tres trasladáronse a Brooklyn tras a universidade e pouco despois fundaron Parquet Courts.
A banda publicou o seu álbum de estrea, American Specialties, como un casete de edición limitada no ano 2011. O seu segundo traballo, Light Up Gold (2012), lanzouse inicialmente a través do selo Dull e posteriormente reeditado por What's Your Rupture? en 2013. Light Up Gold recibiu unha ampla aclamación da crítica tanto na prensa underground como na mainstream.
No ano 2014 a banda acadou o número 55 na lista de álbums da Billboard co seu terceiro disco, Sunbathing Animal. Posteriormente nese mesmo ano o grupo lanzou "Uncast Shadow of a Southern Myth" como un sinxelo baixo o nome de Parkay Quartz. Pouco despois lanzaron o seu cuarto álbum de estudio, Content Nausea, no cal non estiveron Sean e Max debido a outros compromisos.
No ano seguinte a banda editou o disco colaborativo Ramsgate con PC Worship baixo o nome PCPC. Tamén publicou un EP experimental principalmente instrumental titulado Monastic Living.
O 4 de febreiro de 2016 a banda anunciou o seu quinto álbum de estudio, titulado Human Performance. O disco foi lanzado o 8 de abril a través do selo Rough Trade. O colíder e encargado da confección da arte do álbum, Andrew Savage, obtivo unha nomeación a un Grammy polo seu traballo.
O 13 de outubro de 2017 Andrew Savage lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Thawing Dawn, a través do selo Dull Tools e baixo o nome artístico de A. Savage. Ese mesmo mes a banda editou Milano, un álbum colaborativo con Daniele Luppi que contaba con Karen O, a vocalista de Yeah Yeah Yeahs.
O 18 de maio de 2018 a banda publicou o seu sexto álbum, Wide Awake! O traballo foi nomeado "álbum do ano" pola emisora australiana Double J. A súa canción "Almost Had to Start a Fight/In and Out of Patience" aparece no videoxogo EA Sports NHL 19, "One Man No City" aparece nun episodio de The Blacklist, e "Wide Awake" na banda sonora do xogo de fútbol eFootball Pro Evolution Soccer 2020.
O sétimo álbum de estudio de Parquet Courts, Sympathy for Life, foi publicado o 22 de outubro de 2021, novamente a través da discográfica Rough Trade Records.
Entre febreiro de marzo de 2022, Parquet Courts foi cabeza de cartel nunha xira por América do Norte na que estivo acompañado polo guitarrista afro-psicodélico nixeriano Mdou Moctar como abreconcertos.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Comentarios American Specialties 2011 Cut the Cord That..., Play Pinball! Light Up Gold 2012 Dull Tools, What's Your Rupture? Sunbathing Animal 2014 What's Your Rupture?, Rough Trade Content Nausea 2014 What's Your Rupture? como Parkay Quarts Human Performance 2016 Rough Trade Records Wide Awake! 2018 Rough Trade Records Sympathy for Life 2021 Rough Trade Records
EPs Tally All the Things That You Broke (2013) (como Parkay Quarts)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais formados en 2010