Benigno Varela Pérez, nado en Lugo en 1873 e finado na mesma cidade o 12 de xuño de 1962, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Varela Gómez e Juana Pérez da Vila. Foi propietario e director de El Regional. Amigo de Manuel Portela Valladares, foi elixido deputado provincial polo distrito de Lugo de 1911 a 1921 e en decembro de 1922 foi nomeado gobernador civil de León.El Norte de Galicia, 11-12-1922, p. 2. Na República foi presidente da Agrupación provincial de Xurados mixtos de Lugo (1934) e foi nomeado gobernador civil de Ourense o 21 de decembro de 1935, posto no que permaneceu ata o 28 de febreiro de 1936. Membro do Partido del Centro Nacional Republicano, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de abril de 1937 e trasladado ao día seguinte á Cadea de Cáceres. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e satisfeita a sanción, recobrou a libre disposición dos bens en 1941.BOE, 21-10-1941, p. 3838. Finou en Lugo o 12 de xuño de 1962.El Progreso, 13-6-1962, p. 7.

Vida persoal

Casou con Felisa Fernández Varela, filla de José Fernández Carballo, e foi pai de Benigno, Mauro e José Varela Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Nados en Lugo

Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes