Modey Lemon é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Pittsburgh, Pensilvania. O grupo formouse no barrio de South Oakland en 1999 como un proxecto paralelo informal de Dean Swagger, un trío de rock que pasara o ano anterior actuando en festas universitarias. A formación orixinal estaba composta polo guitarrista Phil Boyd e o batería Paul Quattrone, naquel momento estudantes da Universidade de Pittsburgh. Realizaron os seus primeiros concertos na fin de semana de Halloween de 1999, realizando un concerto na WPTS 92.1 FM, a emisora da Universidade, onde interpretaron temas que pasarían a formar parte do seu álbum demo, House on the Hill, que posteriormente serían incluídos no seu disco de estrea en 2002.

Discografía Álbum Ano Selo Observacións Modey Lemon 2002 A-F Records Thunder + Lightning 2003 Birdman Records, Mute Records, EMI The Curious City 2005 Birdman Records, Mute Records Birth of Jazz EP 2008 Thorax the Devastator Records EP Season of Sweets 2008 Birdman Records

Categoría:Grupos musicais de Pittsburgh, Pensilvania‎ Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de punk blues Categoría:Grupos musicais formados en 1999