O loureiro dos Azores (Laurus azorica), tamén coñecido nos Azores coma louro é unha especie de planta do xénero Laurus, na familia Lauraceae. Até recentemente, todas as poboacións de loureiros macaronésicas eran incluídas nesta especie. Actualmente é recoñecida como endémica dos Azores, pertencendo as poboacións de Madeira e as Illas Canarias a outra especie - Laurus novocanariensis - tamén endémica da Macaronesia. Os loureiros bravos galegos, tradicionalmente clasificados como Laurus nobilis, crese actualmente que son máis achegados a esta especie ca á mediterránea.

Descrición Árbore dioica moi ramificada que acada os 10–18 m de altura, con tronco e pólas de verde a gris; a copa está densamente poboada de follas pecioladas en disposición alterna, lanceoladas, coriáceas, de cor verde intenso e brillante, máis pola face ca polo envés. O froito é unha baga ovoide-globosa cunha soa semente, verde a negra ao madurecer.

Hábitat e distribución Especie característica e nativa dos bosques de laurisilva dos Azores. Está considerada en perigo de extinción pola pérdida de hábitat.

Sinonimia Persea azorica Seub. basónimo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas World Conservation Monitoring Centre 1998. Laurus azorica. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Downloaded on 22 de agosto de 2007.

Categoría:Laurus Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Flora de África Categoría:Azores