Salamanca foi un fabricante español de automóbiles con sede en Madrid de 1902 ata 1907.

Historia da compañía A compañía foi fundada por Carlos de Salamanca y Hurtado de Zaldívar (Marqués de Salamanca) en Madrid. Carlos Salamanca nese momento era un importador de Rolls-Royce en España. En 1902 comezaron a produción dos seus propios automóbiles. En 1907 terminou a produción. A empresa centrouse en 1907 só na distribución de vehículos de motor, e funciona agora baixo o nome de Carlos de Salamanca S.A. o importador español de Ferrari, Jaguar, Maserati, Bentley, Aston Martin, Land Rover e Harley-Davidson.

Vehículos Os compoñentes como motores, caixas de cambio e diferenciais importábanse de Francia e montábanse nun bastidor de madeira feito e completado a man. Unha característica especial dos vehículos Salamanca foi o desenvolvemento dun refrixerador, que se colocaba en tubos de serpentina verticalmente na parte dianteira dos vehículos.

Un vehículo desta marca atópase no museo de automóbiles 'Col·lecció d'Automòbils de Salvador Claret' en Sils.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Internet de autopasión18

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España