A prefectura apostólica do Sáhara Occidental (en latín: Praefectura Apostolica de Sahara Occidentali) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña un total de 120 bautizados, sobre unha poboación total de 800.265 habitantes. O seu prefecto actual é Mario León Dorado.

Territorio A prefectura apostólica ten xurisdición sobre todo o Sáhara Occidental.

O territorio está dividido en 2 parroquias: a igrexa de San Francisco de Asís do Aaiún, que fai de catedral da prefectura apostólica; e unha segunda igrexa en Daxla.

Historia A prefectura apostólica do Sáhara español e do Ifni foi erixida o 5 de xullo de 1954 coa bula Summi Dei voluntate do papa Pío XII, en territorios até entón das vigairías apostólicas de Marrocos e de Rardaya.

O 2 de maio de 1970 tomou o nome de prefectura apostólica do Sáhara español, e o 2 de maio de 1976 tomou o nome actual.

Lista de ordinarios Félix Erviti Barcelona (19 de xullo de 1954 - 6 de xullo de 1994, retirado) Acacio Valbuena Rodríguez (10 de xullo de 1994 - 25 de febreiro de 2009, retirado) Sé vacante (2009-2013) Mario León Dorado (24 de xuño de 2013 - actualidade)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas no Sáhara Occidental Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica latina