O exarcado apostólico de Rusia (en latín: Exarchatus Apostolicus Russiae) é unha das dúas sés da Igrexa católica bizantina rusa inmediatamente suxeita á Santa Sé. A sé actualmente está vacante.

Territorio O exarcado ten xurisdición sobre todos os católicos de rito bizantino en Rusia. Existen dúas parroquias en Moscova, unha en San Petersburgo, unha en Omsk e unha en Nizhnevartovsk.

Historia O exarcado apostólico foi erixido en 1917. Os seus dous exarcas sufriron o martirio e foron beatificados o 27 de xuño de 2001 polo papa Xoán Paulo II en Lviv.

O 20 de decembro de 2004 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeou o bispo latino de Novosibirsk, Joseph Werth, ordinario para os católicos de rito oriental en Rusia.

Hoxe en día existen en Rusia arredor de 30 comunidades de católicos orientais.

Episcopoloxio B. Leonid Fedorov (28 de maio de 1917 - 7 de marzo de 1935, finado) Sé vacante (1935 - 1939) B. Klymentii Sheptytskyi (17 de setembro de 1939 - 1 de maio de 1951, finado)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Rusia Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina rusa Categoría:Exarcados