A CG-4.2 ou Corredor do Baixo Miño (na provincia de Pontevedra), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Goián (Tomiño) e A Guarda; atravesa os concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda. Ten unha lonxitude de 10,16 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-552 en Goián (Tomiño) e finaliza nun cruzamento coa PO-552 na Guarda.

Percorrido

Inicia na rotonda da estrada PO-552 co cruzamento á outra estrada PO-553, para a estrada PO-552, con direccións, un ao leste a Tui e outro ao oeste á parroquia de Goián (concello de Tomiño) e para a estrada PO-553, ao ponte da Amizade coa fronteira portuguesa na parroquia de Goián. Seguindo á rotonda da estrada EP-3302, con direccións, un ao norte ao lugar do Calvario (concello do Rosal) e outro ao sur ao lugar de Valdaspras (mesmo concello) no lugar de Valdaspras, pasa polo viaduto do río Tamuxe duns 950 metros, tres falsos túneles na zona do lugar dos Lagos e seguindo á rotonda da Avenida Francisco Lomba, con direccións, un ao norte ao lugar de Pintán (concello da Guarda) e outro ao sur ao lugar da Gándara (mesmo concello) no lugar de Pintán. Remata na rotonda da estrada PO-552 con direccións, un ao oeste á Guarda e outro ao leste ao lugar da Devesa (concello do Rosal) na parroquia de Salcidos.

Historia

As primeiras obras iniciaron en decembro de 2009. En 2010 paralizaron as obras pola crise e renovaron as obras en setembro de 2011 para estar inaugurado en xullo de 2014.

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Goián - Salcidos 10,2 2014

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Tomiño Categoría:O Rosal Categoría:A Guarda