A administración apostólica de Albania Meridional (en latín: Administratio Apostolica Albaniae Meridionalis) é unha sé da Igrexa Católica, a única da Igrexa Católica Bizantina Albanesa, e sufragánea da arquidiocese de Tirana-Durrës. En 2010 tiña 3 558 bautizados nunha poboación de 2 137 000 habitantes. Actualmente está á súa cabeza o bispo Giovanni Peragine, B.
Territorio A administración apostólica estende a súa xurisdición sobre os fieis de rito latino e de rito bizantino do sur de Albania, de maioría ortodoxa e islámica. A súa sé é a cidade de Fier, e está estruturada en 8 parroquias.
Historia A administración apostólica foi erixida o 11 de novembro de 1939 coa bula Inter regiones de Pío XII, en territorios da arquidiocese de Durrës. Orixinalment era sufragánea da arquidiocese de Shkodër.
O 25 de xaneiro de 2005 pasou a formar parte da provincia eclesiástica da arquidiocese de Durrës-Tirana (hoxe arquidiocese de Tirana-Durrës).
Episcopoloxio Leone Giovanni Battista Nigris (1940 - 1945, renuncia) Nicola Vincenzo Prennushi (1946 - 1952, finado) Sede vacante (1952 - 1992) Ivan Dias (1992 - 1996, nomeado arcebispo de Bombai) Hil Kabashi (3 de decembro de 1996 - 15 de xuño de 2017, retirado) Giovanni Peragine (15 de xuño de 2017 - 20 de maio de 2024, nomeado bispo coadxutor de Shkodër-Pult) Flavio Cavallini (nomeado o 25 de abril de 2026)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Caholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina albanesa Categoría:Divisións territoriais católicas en Albania