Unha sociedade de responsabilidade limitada (SRL) ou sociedade limitada (SL) é un tipo de sociedade mercantil na que a responsabilidade fica limitada soamente ao capital achegado, polo que no suposto de contraeren débedas, non se resposta co patrimonio persoal dos socios.
No estado español, as sociedades limitadas ríxense polo Real Decreto 1/2010, do 2 de xullo, polo que fica aprobado o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.
Denominación noutros países En Alemaña e Suíza: "Gesellschaft mit beschränkter Haftung" ou GmbH En Austria: "Gesellschaft mit beschränkter Haftung" ou Ges.mbH En Dinamarca: "Anpartsselskab" ou ApS Nos Estados Unidos: "Limited liability company" ou L.L.C. ou LLC En Francia, Bélxica e Luxemburgo: "Société à Responsabilité Limitée" ou SARL En Italia: "Società a responsabilità limitata" ou S.r.l. En Lituania: "Uždaroji akcinė bendrovė" ou UAB Nos Países Baixos: "Besloten vennootschap" ou B.V. En Polonia: "Spółka z ograniczoną odpowiedzialnością" ou Sp. z o.o.. No Reino Unido e a Irlanda: "Limited company" ou Ltd. En Ucraína: "Товариство з обмеженою відповідальністю" ou ТОВ (transcrito: Tovarystvo z obméjenoiu vidpovidàlnistiu ou TOV''', tradución: Sociedade de responsabilidade limitada)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Economía de Galicia Sociedade anónima
Categoría:Economía