Fermín Gómez Vigide, nado en Asorei (Vila de Cruces) o 4 de novembro de 1921 e falecido en Noia o 26 de outubro de 2018, foi un frade, químico, xeólogo e botánico galego.

Traxectoria Foi alumno do Seminario franciscano de Herbón (Padrón). Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (1945). Foi profesor en África. Estudoso da botánica, dende 1963 percorreu Galicia para estudar e recoñecer as diferentes plantas e flores; fixo coleccións de plantas e minerais. Publicou artigos científicos en revistas nacionais. Cedeu o seu herbario ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán en 2012.

Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Vila de Cruces en 2014. Notas

Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Nados en 1921 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2018 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela