Leopoldo López Lois, nado en Maside cara a 1884 e finado no mesmo concello o 8 de xuño de 1948, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Dono dun comercio en Maside. Logo da proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Maside polo gobernador civil, e logo da repetición das elección en maio de 1931, foi elixido alcalde en xuño.El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10. Foi destituído o 16 de xaneiro de 1935.El Pueblo Gallego, 14-3-1935, p. 13. Militante de Izquierda Republicana, volveu ser alcalde logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20 co seu fillo Luis, e estiveron presos no cárcere de Celanova. Trasladado á Prisión Provincial de Ourense o 3 de febreiro de 1938, foi xulgado en Ourense por rebelión militar o 5 de febreiro xunto con Luis López González, Tomás Bermello González, Manuel López González, Evaristo Carbón, Francisco e Manuel Gómez, Eduardo González Pérez, Tomás Lama Salgado e Celso Martínez, foi condenado a pena de morte; a condena foi conmutada por cadea perpetua o 13 de setembro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.La Región, 6-2-1937, p. 2.BOE, 7-11-1941, p. 4083. Saíu en liberdade condicional en xuño de 1943, e pouco despois marchou para Vigo. Finou en Maside o 8 de xuño de 1948 aos 63 anos.Necrolóxica en La Región, 9-6-1948, p. 2.

Vida persoal

Casou con Manuela González e foi pai de Manuel e Luis López González. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Leopoldo López Lois na Prisión de Celanova Expediente persoal do recluso Leopoldo López Lois na Prisión Provincial de Ourense

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Alcaldes de Maside

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Maside Categoría:Finados en 1948

Categoría:Nados en 1884 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes